Estado de alarma: 5 consellos para evitar avarías no coche por desuso
23 maio 2020

Elixe o coche que mellor se adapta ás túas necesidades

Cal é o coche perfecto para ti?

Busca o equilibrio entre o práctico, o cómodo e o estético. Enfróntaste a un reto e decisión nada doada. Trátase dun investimento importante para o que se debe ter un coidado exquisito. Así que resaltemos algúns dos puntos clave a ter en conta á hora de mercar o teu coche seminovo.

Como a casa non se empeza polo tellado, asegúrate ben de que coñeces case todos os detalles sobre o tipo de coche que che interesa. Prezo, características, prestacións, financiamento…tes á túa disposición toda esta información na web.

Dito isto, que os nervios non nos invadan!. Apliquemos a nosa personalidade desde o primeiro momento de procura: simplifica, comparte a información e escoita, tómao con calma, sé práctico e adapta o coche ao teu estilo.

Entón… Que coche necesito?

Todo, absolutamente todo, depende de ti. Tes familia? probablemente o que necesites sexa un coche de múltiples prazas, amplo e versátil. Necesitas un coche áxil e práctico, que che permita moverte na cidade pero sen limitacións? O modelo urbano pode ser a túa mellor opción. Pouco consumo, fácil de aparcar… en definitiva, cómodo.

Dime como conduces… E direiche que coche necesitas

Como é a túa condución? Vas usar o coche para ir traballar ou para escapar as fins de semana? Preguntas sinxelas, decisións claves.

Porque, por exemplo, se vas usar o coche para ir e volver de traballar lonxe da túa casa, para levar ás crianzas ao cole primeiro e, ademais, para ir ao campo na fin de semana, ten pinta de que vas realizar moitos quilómetros. Se vas facer mínimo 30.000 ou 40.000 quilómetros ao ano, necesitas un coche de baixo consumo e que sexa seguro para a túa familia. E hai algo que consuma menos que un Vw Polo 1.4 TDI?

E se, pola contra, queres o coche basicamente para ir e volver ao traballo dentro da cidade e pouco máis, e escapas da cidade unha vez ao mes coa túa parella, que tal este?

Financiamento, garantía e mantemento

Xa non necesitas realizar un gran desembolso para a compra do teu coche. Cualicar proporciónache un amplo abanico de oportunidades para que adquiras o teu vehículo nas mellores condicións, adaptando as posibilidades de financiamento ás túas necesidades de forma que consigas un mellor prezo e maior flexibilidade.

Quen dixo que non se pode ter todo? Proxecta a túa personalidade sobre o teu coche seminovo e non renuncies a nada. E cando o teñas decidido preocúpate só de gozar!

Comments are closed.