Que é o ESP dun coche?
6 agosto 2020
Descobre as mellores ofertas de seminovos co noso buscador
12 outubro 2020

Como lograr unha condución eficiente?

Contaminar menos está na túa man. Contámosche como facelo

Así como hoxe en día non se che ocorre tirar a bolsa de lixo de refugallos orgánicos ao colector do plástico, tampouco debe parecerche normal o circular sen ter en conta as emisións de CO2 que o teu vehículo expulsa ao exterior.

A forma que tes de conducir inflúe moito nas emisións contaminantes que expulsa o teu vehículo e non só iso, tamén pode determinar o seu consumo e a rapidez coa que se deteriora.

É por iso que, cunha serie de sinxelos pasos, podes contribuír a reducir os niveis de contaminación e xa de paso, diminúes as visitas á gasolineira.

 

Mantén o teu vehículo sempre a punto. O mantemento periódico da presión dos neumáticos, os filtros ou o motor son cruciais para controlar as emisións contaminantes do teu vehículo.

Marchas longas. Ao arrincar, trata de pasar a segunda canto antes e circula, sempre que sexa posible, coas marchas longas. Consómese menos e emítense menos gases contaminantes. Apaga o motor se está máis dun minuto parado. Adoita ocorrer cando vas recoller a alguén, cando vas facer un recado ou por cuestións de tráfico. Se o vehículo queda detido durante máis dun minuto, débese apagar o motor.

Conduce suave. As freadas, aceleróns e cambios bruscos na velocidade contribúen a un maior consumo de combustible, máis emisións e a un desgaste evitable dos elementos que conforman o coche. Anticípate ao cambio de circunstancias na vía para poder adaptarte a elas con suavidade e respecta sempre a distancia de seguridade co resto de usuarios da vía.

Ollo coa climatización. Mantén a temperatura do vehículo entre os 21 e os 23º C se utilizas o aire acondicionado xa que incide directamente nos niveis de consumo de carburante. Algo tan simple como viaxar cos portelos subidos para mellorar a aerodinámica do vehículo supón un hábito de condución eficiente.

Leva o indispensable no coche. Se tes o maleteiro repleto de cousas que nunca utilizas, fai limpeza: cada quilo extra supón un aumento do consumo e, por tanto, das emisións. Optimiza a colocación de equipaxe equilibrando as cargas.

Segue estes consellos de condución eficiente cos que lle fas un favor ao planeta, mantés o teu vehículo en mellores condicións durante máis tempo e reduces o teu gasto de combustible.

Comments are closed.