Como desinfectar o teu coche de Covid-19 de forma segura
14 xuño 2020
Que é o ESP dun coche?
6 agosto 2020

O vehículo seminovo, unha alternativa vantaxosa para profesionais

Aforro e fiabilidade cos vehículos seminovos de Cualicar

Para pemes e autónomos que queiran aforrar sen renunciar a nada, os modelos de vehículos seminovos de Cualicar, garantidos e coa máxima fiabilidade, poden ser unha alternativa moi vantaxosa.

A posibilidade de optar por vehículos seminovos, cunha sólida garantía e quilometraxe certificada, pode representar unha decisión moi interesante para traballadoras/es autónomos ou pequenas e medianas empresas que teñan orzamentos máis axustados, que non necesiten unha gran cantidade de coches para cubrir as necesidades de mobilidade dos seus negocios e que poden elixir entre os modelos en ‘stock’.

Decantarse por un vehículo seminovo permite ás/os profesionais experimentar un significativo aforro en comparación cos vehículos novos, xa que o seu valor de adquisición é menor, dado que apenas foron utilizados. Ademais, hai negocios que non requiren que o vehículo corporativo sexa novo, senón que é necesario para cubrir unhas esixencias de mobilidade concretas e que poden cubrirse de forma moi satisfactoria cun modelo usado, coa redución de custos que iso comporta.


Cualicar. Vehículos seminovos


Cualicar ofrece ás/os clientes/as particulares e profesionais a posibilidade de decidirse por unha oferta de automóbiles que se atopa completamente garantida pola empresa e que foi certificada. Por iso, as persoas usuarias asegúranse que están a adquirir un modelo coas máximas garantías e que lle permitirá cubrir as esixencias do traballo diario da forma máis solvente e sen sobresaltos.

Cualicar engloba vehículos de ata 3 anos de antigüidade e con menos de 50.000 quilómetros. Estes modelos pódense adquirir con todas as facilidades de financiamento, un aspecto especialmente valorado polas/os profesionais, que poderán optar polas cotas mensuais que máis se amolden ás súas necesidades.

Comments are closed.